Son moitos os que reflexionan e propoñen melloras na educación, pero non tantos os que pode falar dende a experiencia. Richard Gerver é un deles. Premio nacional de ensino e mellor director de escola do Reino Unido, Gerver está considerado como un dos líderes educativos máis innovadores e inspiradores do noso tempo. A súa visión sobre a educación e o potencial humano foi solicitada en múltiples ocasións por organizacións de todo o mundo e numerosos deportistas de elite. É autor de libros como “Crear hoxe a escola do mañá”,"A educación e o futuro dos nosos fillos” e “Simple Thinking”. Para este Doutor en educación, profesor e escritor, a clave da educación é "axudar aos nenos para atopar o que lles apaixona”.