Blogia
vgomez

A ESCOLA E A CREATIVIDADE NOS NENOS

 

Di que non ten unha bóla de cristal pero afirma que "os profesores e as escolas do futuro xa existen aínda que non en número suficiente". Cristóbal Cobo (Santiago de Chile, 1976) é profesor e investigador en tecnoloxías novas e educacionaos. Cobo é unha referencia internacional en innovación, tecnoloxía e aprendizaxe. Foi distinguido polo Consello Británico de Investigación Económica e Social. É coautor dos libros "Planeta Web 2.0" e "Aprendizaxe Invisible". No seu último libro "A innovación pendente" analiza os desafíos da educación e a aprendizaxe nesta sociedade en permanente transformación. Para Cobo, a escola e o fogar son os escenarios máis importantes para o desenvolvemento da creatividade dos nenos.

0 comentarios