¡¡¡NOTAS!!!
Hoxe é o día, 25 de xuño ás 11:30, día das notas, día de parabéns para moitos e para outros ...
Pero temos que ser positivos na vida e hai que aprender sempre do pasado, é hoxe é ese día: o día das reflexións para todos-as.
Como norma para todos-as : o verán é longo e ben organizado dá para todo.
En particular:
Para os que aprobaron todo: ¡Felicidades! Pero despois de tanta praia, viaxes, campamentos, ... sempre hai momentos mortos nos que podo ler un libro interesante, ver unha película ou documental, practicar un deporte ou un xogo, ...
Para os que non aprobaron todo: ¡Animo! ¡Non está todo perdido! Hai que organizarse: Vacacións ata o 1 de xullo, plantexar un horario de verán (preferentemente polas mañáns de 9,30 a 13,30) no que traballar nas materias non superadas. Traballar o indicado polos profesores e que adxuntan coas notas (revisando exercicios, controis, exercicios de atención á diversidade, etc). Descando na semana das festas do Monte e finalmente repaso xeral alá pola semana do 25 de agosto.
Finalmente para todos, pensade que o fundamento de todo traballo, e o voso tamén o é, é a organización e a disciplina diaria, facendo o que se pretende para ese día. Deste xeito podedes compaxinar o estudio e o descanso.
¡Boas vacacións para todos-as!
Un saúdo: VÍCTOR
0 comentarios