Os glóbulos brancos dun ser humano, microfotografía panorama como se ve no microscopio / Imaxe: es.123rf.com

 

A resposta á pregunta do día anterior é PLANTAS, HOMES, ANIMAIS E MICROORGANISMOS. Nun ecosistema os factores bióticos son todos os organismos que teñen vida, os cales poden pertencer a tres clases: Produtores (autótrofos): fundamentalmente as plantas e as algas, que converten a enerxía da luz (por medio da fotosíntese) en materia orgánica, que será o alimento para outros organismos; Consumidores (heterótrofos): son os animais, que se alimentan dos produtores (os herbívoros) ou doutros consumidores (os carnívoros) e Descompoñedores: consomen os detritos deixados por outros seres vivos, e son os fungos e microorganismos como as bacterias. Son fundamentais para degradar os restos orgánicos e pechar os ciclos bioxeoquímicos, que permiten reutilizar a materia.

E imos coa pregunta de hoxe...

8. Que función teñen o góbulos brancos?

- O transporte de osixeno e gas carbonico 

- Proceso de coagulación do sangue

- A defensa do organismo

Maná a solución e unha nova proposta.