CANTO SABES DE NEPAL? IV
Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.
A contestación correcta á pregunta de onte é 150.000 km². Exactamente 147.181 km². A modo comparativo, para que teñas unha idea, unha extensión similar a de Bangladés (148.460km²) e menos do dobre de Castilla-A Mancha (79.500 km²).
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Cal é, aproximadamente, a poboación de Nepal?
- 25 millóns de habitantes
- 30 millóns de habitantes
- 35 millóns de habitantes
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes :mapas-del-mundo.net e guiaparaviajeros.com
0 comentarios