Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? V

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Eyre. Oficialmente Kati Thanda–Lake Eyre, é, nas raras veces nas que está cheo, o lago máis grande de Australia (Oceanía) e tamén o punto máis baixo do país (aproximadamente 15 m por debaixo do nivel do mar). Trátase dun lago endorreico, dunha superficie de 9.690 km² (máx.) Atópase na zona desértica de Australia central, ao norte de Australia do Sur. A cunca do lago Eyre é un enorme sistema endorreico arredor do lago, estando a parte máis baixa cuberta dunha capa salgada característica dos sistemas endorreicos, producida pola expansión cada tempada do volume de auga e a consecuente evaporación das augas atrapadas. Aínda nas tempadas máis cálidas, case sempre queda algo de auga no lago, que normalmente se recolle nunha serie de lagos subterráneos máis pequenos. Durante a tempada de chuvias, os ríos do nordeste flúen cara ao lago. A cantidade de auga do monzón determina se a auga logrará alcanzar o lago e se o fai, que profundidade alcanzará. O lago tamén pode sufrir inundación pequenas e moderadas, provocadas polo volume de chuvias caídas na zona. O normal é que haxa inundacións de 1,5 m cada tres anos; de 4 m cada década e unha inundación completa ou case, catro veces cada 100 anos. A auga do lago evapórase rapidamente, de maneira que as inundacións menores e medias sécanse cara ao final do verán seguinte.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Oceanía, como dixemos é un continente insular. A maior extensión corresponde a Australia, que ocupa 86% da masa continental. Cal é a illa que lle segue a Australia?

- Nova Zelandia

- Nova Guinea (Papúa Nova Guinea)

- Samoa

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios