ENCRUCILLADO CXIX
VERTICAIS: 1. Museo de arte contemporánea deseñada polo arquitecto canadense Frank O. Gehry e localizado en Bilbao (País Vasco) 7. Trenza que se fai cos allos, coas cebolas, coas mazarocas do millo etc., para penduralos 5. Aparello de madeira, construído xeralmente nun curso de auga, que consta de dous mazos que ao se moveren alternativamente pola acción da auga, van batendo os tecidos fabricados nos teares para desengraxalos e que entupan 8. Estado dos EE UU, cuxa capital é Montgomery e a súa cidade máis poboada é Huntsville.
HORIZONTAIS: 2. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval comprimido lateralmente, cor gris prateada con sete ou oito bandas escuras nos costados e unha negra contra a aleta caudal, de nome científico Diplodus sargus 3. Óso do brazo que vai desde o ombreiro ao cóbado 4. País suramericano, con capital en Lima, e que ultimamente ten grandes problemas políticos e sociais 6. Cidade palestina, na rexión de cixordania, onde naceu Xesús 9. Rei Mago de Oriente, a quen se lle adxudica ser portador do ouro 10. Árbore silvestre da familia das aquifoláceas, de follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella e madeira de cor clara, dura e compacta e de nome científico Ilex aquifolium.
0 comentarios