Blogia
vgomez

SOLUCIÓN AO ENIGMA DOS PÉTALOS AO REDOR DA ROSA

Fuches capaz de atopar a clave do enigma? Non? Bueno, pois aquí tes a solución!

A clave para solucionar o enigma está no título: en cada tirada temos que contar exactamente os “pétalos ao redor da rosa”. Considéranse rosas as caras do dado que teñan un punto no centro. É dicir, as do 1, 3 e 5. E enténdense como pétalos os puntos ao redor do centro. Así, sabemos que nas caras do 2, 4 e 6 non hai punto central (non hai rosa nin pétalos), polo que o seu valor é cero. Na cara do 1, hai punto central pero non ten pétalos, así que o seu valor tamén é cero. Isto déixanos con que só teñen puntuación as caras do 3 e do 5: dous e catro puntos respectivamente, en base aos pétalos que teñen ao redor do punto central.

Se tomamos como exemplo os dados propostos no enigma, a explicación do resultado sería a seguinte:

A cara do tres ten dous pétalos e as do cinco, catro pétalos cada unha. Así o resultado é: 2 + 4 + 4 + 4 + 0 = 14

0 + 0 + 0 + 0 + 0 = 0

0 + 2 + 0 + 0 + 2 = 4

0 + 4 + 0 + 0 + 0 = 4

Tiña bastante dificultade, pero o nome era unha pista moi importante!

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com

0 comentarios