NA NATUREZA NON HAI QUEIXAS
“Levo preto de 35 anos viaxando ás rexións polares, dende Groenlandia ata a Antártida. O primeiro que un sente na natureza é que non hai queixas. A quen te vas queixar? A túa morte é irrelevante. Isto cámbiache a perspectiva das cousas porque estás en comunicación directa coas forzas verdadeiras. Para sobrevivir hai que entender os tempos da natureza e enfrontarche a ela con humildade e estoicismo”.
O explorador Ramón Larramendi, autor de libros como ‘Tres anos a través do Ártico’ e ‘Esquimais’, foi testemuña presencial do cambio climático e do final da última xeración de homes libres: os cazadores inuit. Colaborador de ‘Ao fío do imposible’, entre as súas fazañas destaca ser un dos españois que chegou por primeira vez con esquís ao Polo norte xeográfico e magnético. A súa paixón pola exploración e a aventura converteulno nun dos maiores expertos nas rexións polares, gañador de varios premios como recoñecemento á súa traxectoria e labor divulgativa.
Larramedi, que vive a metade do ano en Groenladia, tamén puxo en marcha proxectos como a Expedición Circumpolar, a Fundación Polar Internacional en España e a Zorra de Vento, o primeiro e único vehículo científico non motorizado, co que percorreu máis de 18.000 quilómetros por desertos de xeo.
0 comentarios