Blogia
vgomez

PLANTAS CURIOSAS VI

Solanum ovigerum / Imaxe: taringa.net

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

6. Solanum ovigerum, máis coñecida como planta poñedora. Pertence a un xénero de plantas herbáceas, arbustivas ou  trepadoras, da familia Solanaceae. É unha variedade das moitas que existen de berenxena e unha das máis extraordinarias e orixinais. Por iso, é unha planta apreciada para cultivar nos xardíns.

O froito é branco e do tamaño do ovo dunha galiña cando non está maduro. A medida que medra aumenta o seu tamaño e a súa cor vai cambiando a amarelo. Aínda que nos últimos anos creáronse variedades máis grandes e ananas que conservan a súa cor branca inmaculada.

Todo aquel que a ve sorpréndese sen excepción cando observa ovos nacendo do vexetal.

Mañá outra!

0 comentarios