AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA VIII
Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...
Hoxé imos a...
8. Cidade Encantada (España)
Na localidade de Valdecabras, en pleno corazón do Parque Natural da Serra de Cuenca e rodeada de inmensos piñeirais, a Cidade Encantada é sen dúbida un das paraxes máis espectaculares do noso país, onde coñecer e aprender o proceso xeolóxico do karst e admirar as súas caprichosas formacións. A Cidade Encantada foi declarada Sitio Natural de Interese Nacional o 11 de xuño de 1929.
A súa orixe remóntase a hai 90 millóns de anos, cando a Cidade Encantada formaba parte do fondo do mar de Thetis. Tratábase de augas tranquilas, o que propiciou a deposición de sales, en especial carbonato cálcico.
Ao final do Cretácico e como consecuencia da oroxenia alpina, o mar retirouse e o leito mariño, composto de pedra calcaria, emerxeu á superficie. Miles de anos de acción da auga, do vento e do xeo fan que hoxe podamos contemplar este impresionante fenómeno xeolóxico.
FONTE: Paloma Santanaría/abc.es
0 comentarios