A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: BLUETOOTH
Cal é a asociación entre a tecnoloxía bluetooth e este curioso símbolo? Aínda que non o creas, ten a súa conexión. Esta tecnoloxía foi inventada en 1994 pola compañía sueca de telecomunicacións Ericsson. E de acordo co pasado viquingo de Suecia, o símbolo está feito da unión de dúas runas: a runa H, tamén coñecida como Hagall, e a runa B, Bjarkan. Xuntas forman o símbolo de Bluetooth. E que significan esta H e esta B? Son as iniciais do primeiro rei viquingo de Dinamarca, Harald Blåtand, quen durante a súa vida logrou unir a todas as tribos danesas e posteriormente tomar o control de Noruega, gobernando como rei ata a data da súa morte. Ademas, a palabra sueca Blåtand significa Bluetooth en inglés.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios