Blogia
vgomez

UN PEIXE "FRANCOTIRADOR": TOXOTES JACULATRIX

 

O peixe arqueiro (Toxotes jaculatrix) é famoso polos seus atinados disparos para conseguir o seu alimento. As súas balas non son outra cousa que potentes chorros de auga que chuspe para derrubar incautos insectos, arañas ou mesmo pequenas lagartas que roldan nas follas ou ramas ao bordo da auga. A súa puntaría é asombrosa e a súa presa cae á auga nun abrir e pechar de ollos. De feito, para poder "ver" este arqueiro en acción hai que utilizar a cámara lenta.

A fazaña ten mérito. Entre outras cousas porque cando a luz pasa da auga ao aire se produce un fenómeno coñecido como refracción. Unha corrección que aplica, pola conta que o ten, para asegurarse de que o chorro de auga que chuspe chegará ao incauto animalillo no que previamente puxo o ollo. O mellor dito os seus grandes ollos que, situados moi preto da boca, danlle unha boa visión binocular.

Por se isto non fose bastante asombroso, un estudo publicado no último número da revista "Current Biology" asegura que estes peixes son en realidade "francotiradores" moito máis hábiles do que ninguén tivese podido imaxinar. E é que o peixe utiliza a auga como unha ferramenta, e é o primeiro animal, que se saiba, capaz de cambiar as propiedades hidrodinámicas dun chorro segundo o "aconselle" a ocasión.

Ata metro e medio de distancia pode chegar o seu potente chorro. E é capaz de disparar ata sete veces seguidas. Conségueo formando un tubo coa lingua e o teito da boca polo que a auga sae a gran velocidade cando pecha de golpe as súas branquias.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios