O INSECTO MÁIS GRANDE DO MUNDO
Científicos chineses lograron criar ao insecto máis grande do mundo, un insecto pau de 64 centímetros de longo que superou en tamaño á súa nai, quen ostentaba o récord anteriormente.
Segundo un comunicado difundido pola axencia oficial de noticias Xinhua o espécime de Phryganistria Chinensis foi criado no Museo de Insectos de China Occidental (IMWC) de Chengdu (Sichuan, noroeste do país).
O responsable do museo, atopou á nai do insecto (que chegou a medir 62,4 centímetros) durante unha inspección de campo na Rexión Autónoma Zhuang de Guangxi no sur de China en 2014. Levou ao insecto de volta ao IMWC e colocou seis ovos, incluído do que naceu o que agora ostenta o récord ao máis grande do mundo.
En China os insectos pau só se atopan en Guangxi. Estes disfrázanse como ramas ou follas de árbores, facéndoos difíciles de notar.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios