Blogia
vgomez

O AVIÓN MÁIS GRANDE DO MUNDO

 

En desenvolvemento desde 2010, Stratolaunch Systems acaba de presentar en público o Scaled Composites Model 351, aínda que todo o mundo chámao Roc, un peculiar avión de dobre fuselaxe e seis motores, o máis grande do mundo.

Fabricado fundamentalmente en materiais compostos, mide 117 metros dunha punta a outra das súas ás, o que o fai o avión máis grande do mundo en canto a envergadura, aínda que con só 72 metros de longo é máis curto que un Boeing 747 ou un Airbus A380. Todo isto fai que poida cargar ata 250 toneladas baixo a sección central da súa á, que será onde vaian colocados os foguetes que lance desde un pouco menos de 11 quilómetros de altitude.

Lanzar un foguete desde un avión ten sentido porque permite usar foguetes máis sinxelos e menos potentes que prescinden da primeira etapa que tradicionalmente se perde nos lanzamentos, o que aumenta considerablemente o custo; o avión é o que fai, pouco máis ou menos, a función da primeira etapa, coa diferenza de que se pode volver utilizar. Ademais, desde a altitude á que lanzará os foguetes o Roc a maioría dos fenómenos meteorolóxicos, causa moi frecuente de cancelacións de lanzamentos, deixan de ser un factor porque se producen por baixo.

Finalmente Roc será utilizado "se non hai outro cambio de plans" para lanzar foguetes Pegasus XL de Orbital. Pero son foguetes relativamente pequenos "cada un pesa unhas 23 toneladas" o que desaproveita moito as capacidades do Roc por moito que vaian ser lanzados de tres en tres; ademais, cada Pegasus XL só é capaz de colocar en órbita cargas útiles de pouco máis de 400 quilos, o que queda moi lonxe das seis toneladas previstas inicialmente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios