Blogia
vgomez

INNOVACIÓN AO SERVICIO DAS ENERXÍAS RENOVABLES (II)

Imagen de los pequeños submarinos autónomos capaces de detectar fugas de crudo en oleoductos.

Imaxe dos pequenos submarinos autónomos capaces de detectar fugas de crudo en oleoductos / Ixion

Continuo cunha nova proposta de quen investiga vías alternativas e apostan por manipular o clima e o ecosistema con avanzadas tecnoloxías para mitigar as causas do efecto invernadoiro e as súas consecuencias. Neste caso un submarino autónomo que supervisa infraestruturas eólicas mariñas e oleodutos.

O proxecto A-Tempo (Avances en Tecnoloxías Mariñas, Produción Naval e Offshore) impulsado pola Universidade da Coruña pretende multiplicar as vías de negocio no sector da enxeñería naval. Unha das súas empresas participantes, Ixion, investigou como reducir os custos destes parques eólicos mariños con tecnoloxía de última xeración. “Desenvolvemos vehículos e submarinos autónomos capaces de supervisar as instalacións e determinar cal non funciona con normalidade. Desta maneira, a xeración de enerxía é máis efectiva e aprovéitanse ao máximo as capacidades da infraestrutura. Tamén os utilizamos para detectar fugas de cru en oleodutos e que o fluxo se peche instantaneamente para reducir o seu impacto contaminante”, aclara o director da empresa. Con este progreso poderíanse evitar desastres naturais de gran magnitude. O derrame de petróleo na auga provoca anos no sistema reprodutivo e de alimentación dos organismos do ecosistema mariño.

Tecnoloxía verde!

FONTE: Pablo Albacete/Xornal El País

0 comentarios