SYNESTIA
A estrutura dun planeta, un planeta con disco e un synestia / Simon Lock y Sarah Stewart
Un equipo de científicos suxeriu a existencia dun novo obxecto planetario chamado synestia, unha enorme masa de rocha quente e vaporizada en forma de donut, formada polo brutal choque doutros obxectos do tamaño de planetas. Segundo eles, nun momento temperán da súa historia, a Terra probablemente tamén foi un synestia. O nome deriva de «syn», «xuntos», e «Estia», deusa grega da arquitectura.
O traballo de investigación, publicado na revista Journal of Geophysical Research: planets, explora como os planetas se poden formar a partir dunha serie de impactos xigantes. As teorías actuais de formación planetaria sosteñen que os planetas rochosos como a Terra, Marte e Venus formáronse cedo no sistema solar, cando obxectos máis pequenos chocaron entre si. Estas colisións foron tan violentas que os corpos resultantes fundíronse e quedaron parcialmente vaporizados. Co tempo arrefriáronse e solidificaron converténdose nos planetas case esféricos que coñecemos hoxe en día.
A maioría dos planetas sofren colisións que poderían formar un synestia nalgún momento durante a súa formación, asegúrase no estudo. Para un obxecto parecido á Terra, o synestia non duraría moito tempo (talvez cen anos) antes de perder a calor suficiente para condensarse de novo nun obxecto sólido. Pero o synestia formado a partir de obxectos máis grandes ou máis cálidos, como os planetas xigantes de gas ou as estrelas poderían durar moito máis.
A estrutura do synestia tamén suxire novas formas de pensar acerca da formación lunar. A Lúa é notablemente similar á Terra na súa composición, e a maioría das teorías actuais acerca de como se formou o noso satélite natural implican un impacto xigante que arroxou material en órbita. Pero tal impacto podería formar unha vez un synestia a partir do cal se condensaron tanto a Terra como a Lúa.
Ninguén observou un synestia directamente, pero os investigadores cren que podería ser atopado noutros sistemas solares unha vez que se empecen a buscar xunto aos planetas rochosos e os xigantes gaseosos.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios