CANTO SABES DOS BOSQUES DE ESPAÑA II
A contestación correcta á pregunta do día pasado é O BOSQUE DE MUNIELLOS. Situado en Asturias, goza de protección integral, polo que só se permite o acceso de 20 visitantes por día e debe solicitarse o permiso con moitísima antelación. Trátase da carballeira máis extensa de España, atopándose en moi bo estado de conservación e serve de refuxio para moitas especies de flora e fauna emblemáticas do noso país, tales como o oso pardo e o urogallo cantábrico.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Se estamos paseando entre pinsapos (abeto español) estamos no/na...
- A Serra de Grazalema
- O Pirineo catalán
- A Serra de Gredos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante/Naturaleza
0 comentarios