Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS IX

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Baiji, hoxe tócalle o turno á...

9. Macrotis

Macrotis, coñecidos vulgarmente como bilbies, conta con dúas especies. A especie Macrotis leucora, moi parecida a un coello, extinguiuse na década de 1950. Tratábase dun pequeno animal omnívoro de Australia (de apenas 400 gramos de peso) que acabaría extinguíndose 50 anos despois do seu descubrimento, sobre todo por mor de depredadores como raposos e gatos. A outra especie que aínda sobrevive, Macrotis lagotis, atópase en estado vulnerable segundo a UICN.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios