COP 28
Dubái (Emiratos Árabes Unidos) convértese no epicentro mundial do diálogo achega do cambio climático. Baixo o lema Unite.Act.Deliver (Unir, Actuar, Ofrecer resultados), a COP28 preséntase como un fito na axenda climática global desta década coa presentación do primeiro balance mundial sobre os avances globais respecto a os obxectivos do Acordo de París, adoptado en 2015 na COP21.
A visión da Presidencia da COP28, articúlase ao redor de 4 eixos de acción:
1. Acelerar a transición enerxética e reducir as emisións a 2030: O obxectivo de triplicar a capacidade renovable en 2030 é unha das grandes metas deste cume. Tamén se pretende duplicar o cociente de eficiencia enerxética, aumentar a electrificación e reducir as emisións de metano a 2030 así como o uso de combustibles fósiles.
2. En materia de financiamento climático: cumprir as promesas feitas e sentar as bases para un novo acordo global nese ámbito. O financiamento é un tema clave nun ano no que se debate a reforma do sistema financeiro multilateral para responder mellor ás necesidades dos países en desenvolvemento. Elementos importantes son asegurar que se cumpra o obxectivo de duplicar o financiamento para adaptación en 2025 así como avanzar para sentar as bases do Novo Obxectivo Colectivo Cuantificable de Financiamento Climático que deberá aprobarse en 2024 e cubrir as necesidades dos países en desenvolvemento.
3. Situar no centro da acción climática á natureza, as persoas, as vidas e os medios de vida. Na COP 28 espérase a posta en marcha do Fondo para Perdas e Danos, aprobado en Exipto o ano pasado e un dos principais resultados da COP27, así como avanzar na adopción dun marco robusto para o Obxectivo Global de Adaptación. Por primeira vez nunha COP celebrarase unha reunión ministerial sobre o nexo clima-saúde.
4. Mobilizar a todos os actores para organizar a COP máis inclusiva da historia. Espérase unha moi alta participación de mozas, así como delegacións paritarias e con representación de comunidades indíxenas.
Veremos que sae desta. Igual xa é demasiado tarde!
FONTE: iberdrola.com Imaxe: right2city.org
0 comentarios