O RAÑACEOS RURAL MÁIS ALTO DE EUROPA OOCIDENTAL
Bosquexo da futura Torre Bestseller en Brande, Dinamarca / Iamxe: BESTSELLER/elmundo.es
Se o progreso dunha cidade se medira pola altura dos seus rañaceos, a máxima representación da modernidade europea será un pequeno pobo de Dinamarca. Os apenas 7.000 habitantes de Brande (emprazado na Rexión de Jutlandia Central) verán como a súa descoñecida localidade pasa a ocupar un punto relevante no mapa ao converterse en sede dun novo récord: a construción máis alta de Europa occidental.
A Torre Bestseller medirá 320 metros e superará por 10,4 á Shard de Londres. Deberá a súa altura e o seu nome ao xigante local do téxtil propietario de grandes marcas globais como ASOS, Vero Moda, Vila ou Jack and Jones. A multinacional Bestseller foi fundada en Brande en 1975 e o seu actual dono, Anders Holch Povlsen (o home máis rico de Dinamarca) cre que xa é hora de devolverlle algo á comunidade de veciños que acolleu as súas oficinas desde hai décadas: decenas de miles de metros cadrados de formigón en vertical que pretende converter na principal atracción turística da zona.
A chaira da zona que rodea o pobo fará visible a edificación desde 60 quilómetros á redonda, polo que a súa presenza transformará e dominará por completo a paisaxe agreste.
Os primeiros bosquexos viron a luz en 2017 e a mediados de marzo deste ano o concello de Brande deu o visto e prace. A pesar de que a data prevista para finalizar as obras era 2023, dende a compañía indican que "aínda quedan anos para que comece a construción dun proxecto desta envergadura".
Modernidade ou puco sentido?
FONTE: Teresa Aburto/elmundo.es
0 comentarios