Blogia
vgomez

COP 15

Tras varios atrasos e imitando ás súas irmás climáticas, o Cumio de Biodiversidade de Nacións Unidas celebrada en Montreal (Canadá) como COP15 chegou a unha acordo histórico para protexer o planeta e frear a perda de biodiversidade. “Hai seis meses non estabamos seguros de poder realizar esta conferencia, pero hoxe estamos a dar un paso audaz para protexer a natureza, a auga que bebemos, o aire que respiramos”, sinalou Steven Guilbeault, ministro de medioambiente de Canadá. O documento final bautizado por moitos como “o Acordo de París da biodiversidade´” inclúe a protección do 30% do planeta, restaurar o 30% dos ecosistemas danados, reducir á metade os riscos de pesticidas, duplicar o financiamento global para a protección da natureza. “Os líderes mundiais comprométense a tomar medidas urxentes para deter e reverter a perda de biodiversidade para finais da década”, destaca o texto definitivo.

Tras varios anos de atraso, prevista inicialmente para celebrarse en 2020 en Kunming (China), pola Covid-19, China, que ostenta a presidencia da 15ª Conferencia das Partes (COP), presentou un borrador final con catro grandes obxectivos plasmados en 23 metas concretas. Ademais, o acordo inclúe o compromiso de mobilizar “polo menos 200.000 millóns de dólares anuais en financiamento nacional e internacional” relacionado coa biodiversidade. Unido a este montante, os países desenvolvidos comprométense, reza o texto, a aumentar ata 20.000 millóns de dólares para 2025 “os fluxos financeiros” para os países con menos recursos financeiros. Con todo, esta cifra “deberá aumentar ata os 30.000 millóns de dólares anuais”, apunta o borrador final.

Tras catro anos de negociacións, onte luns, case 200 países, entre os que non están os Estados Unidos, alcanzaron este acordo que “non é vinculante, aínda que os gobernos terán a tarefa de mostrar o seu progreso no cumprimento dos obxectivos con plans nacionais de biodiversidade”. Un control similar ás contribucións determinadas a nivel nacional, que os países utilizan para mostrar o progreso no cumprimento do acordo climático de París.

Estes son os obxectivos máis importantes do acordo de Kunming-Montreal para 2030:  

- Protección de polo menos o 30% das terras, augas continentais, zonas costeiras e océanos do mundo. 

- Restaurar completamente (ou estar en proceso de conseguilo) o 30% dos ecosistemas terrestres, continentais e costeiros e mariños degradados do planeta.

- Reducir o desperdicio mundial de alimentos á metade e reducir significativamente o consumo excesivo e a xeración de residuos. 

- Reducir á metade tanto o exceso de nutrientes como o risco xeral que representan os pesticidas e os produtos químicos altamente perigosos. 

- Eliminar ou reformar progresivamente os subsidios que danan a biodiversidade en polo menos 500.000 millóns de dólares cada ano para 2030. 

- Mobilizar polo menos 200.000 millóns de dólares para 2030 ao ano en financiamento nacional e internacional relacionada coa biodiversidade de fontes públicas e privadas. 

- Aumentar os fluxos financeiros internacionais dos países desenvolvidos cara aos países en desenvolvemento ata polo menos 20.000 millóns de dólares anuais para 2025 e ata os 30.000 para 2030. 

- Previr a introdución de especies exóticas invasoras prioritarias e reducir polo menos á metade a introdución e o establecemento de novas especies exóticas invasoras. E erradicalas ou controlalas nas illas e outros sitios prioritarios.

Loglarémolo! Xa veeeeeeremos!

FONTE: elpais.com e abc.es    Imaxe: enb.iisd.org

0 comentarios