DISCURSOS AMBIENTAIS IMPACTANTES (I)
Grandes personaxes do medio ambiente, presidentes e líderes relixiosos, activistas e expertos mundiais pronunciaron discursos moi emocionantes sobre a importancia de coidar o noso planeta e loitar contra os seus maiores perigos, como o cambio climático ou a sobreexplotación dos recursos.
Hoxe comezo a recopilación dalgúns destes discursos. O primeiro, emblemático no tempo, corresponde a do Xefe indio Noah Sealth ao "home branco".
Como se pode comprar ou vender o firmamento, nin aínda a calor da terra? En 1854 o xefe indio Noah Sealth realizaba o que se considera o primeiro discurso para defender e respectar a natureza. Franklin Pierce, presidente naquela época de Estados Unidos (EE.UU.), propoñía crear unha reserva que acabase cos enfrontamentos coas tribos indias, a cambio de que renunciasen ás súas terras. Este vídeo locutado ofrece o discurso completo.
Canto temos que aprender!
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios