AS 7 ESPECIES MÁIS AMEAZADAS DE ESPAÑA, PRÓXIMAS Á EXTINCIÓN IV
Continúo coa serie adicada as sete especies ameazadas "próximas a extinción", que no pasado xullo foron declaradas pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.
Hoxe tócalle á cuarta: o picanzo pequeno!
4. O picanzo pequeno (Lanius minor)
Picanzo pequeno / Imaxe: Daniel Bastaja/gl.wikipedia.org
En España está a piques de desaparecer. No último censo contabilizáronse 19 exemplares e 6 parellas reprodutoras.
É unha ave pertencente á familia dos lánidos. Ten unha lonxitude entre os 19 e 21 cm. Coma todos os lánidos a cabeza é grande e redondeada. Peteiro forte e groso. Os adultos presentan o bandullo rosado. As ás negras cunha mancha branca na parte central. A cola presenta o centro negro e os laterais brancos. Dorso e cabeza agrisados. Presenta unha liña negra dende a fronte ata ben pasado o ollo. A gorxa e o queixo son brancos.
A súa principal ameaza: O uso excesivo de fitosanitarios, a perda de hábitat consecuencia da intensificación agrícola, os veráns máis chuviosos e o clima máis húmido.
Onde atopalo? Lérida, o último bastión da especie.
Mañá, outra especie!
FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es e wikipedia
0 comentarios