Blogia
vgomez

BIOCOMBUSTIBLE A PARTIR DE ALGAS

BIOCOMBUSTIBLE A PARTIR DE ALGAS

As algas pardas conteñen azucres que poden ser convertidos en biocombustible / BIO ARCHITECTURE LAB

Sen necesidade de terreo cultivable, nin fertilizantes, nin auga doce para regar, sen suponer competencia coas colleitas de alimentos básicos, as algas pardas poderían ser unha materia prima moi atractiva para producir biocombustibles. Pero hai un problema: a ausencia de microrganismos idóneos que se encarguen da fermentación dos azucres das algas. A solución atopárona uns investigadores en EE UU coa inxeñería xenética: se non hai microrganismos naturais que fagan ben ese traballo xeranse á medida, no laboratorio. Explícano na revista Science, como estes científicos modificaron unhas bacterias (Escherichia coli) para que sexan capaces de metabolizar o laginato, azucre esencial das algas, e producir directamente bioetanol.

Estes investigadores puxeron o seu punto de mira nas algas. É certo que se utilizan xa no consumo humano, pero non como alimentación básica. Tamén se empregan como alimento de animais, como fertilizantes agrícolas e nalgunhas industrias químicas. No mundo recóllense para estes fins uns 25 millóns de toneladas métricas cada ano. Pero as algas pardas teñen propiedades tamén moi interesantes para producir biocombustibles porque, ao non conter lignina (como as plantas leñosas), os azucres pódense extraer mediante procesos sinxelos, esmagándoas. Un estudio do Departamento de Enerxía estadounidense afirma que a productividade das algas para facer etanol podería ser o dobre que á da caña de azucre e cinco veces superior á do milo.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios