LAPARADA SOLAR
Hai tres días, durante a mañá do 16 de xaneiro (ás 04:00 UT), as manchas solares 1401 e 1402 estouparon producindo unha laparada solar de clase C6 e unha brillante exección de masa coronal que impactou directamente, a última hora de onte, contra o planeta Venus, arrancándolle unha pequena parte da súa atmosfera.
Non se trata dunha erupción solar excesivamente forte, senón dunha de intensidade media. Segundo como sexa de potente o seu pico de emisión de raios X (medido en Watios por metro cadrado), as erupcións solares clasifícanse coas letras A, B, C, M ou X (sendo X as máis potentes). Cada letra, ademais, vai seguida por un número do 1 ao 9.
De calquera xeito, e a pesar de que a laparada non foi especialmente intensa, a inmensa nube de ardente radiación e materia solar (a exección de masa coronal ou CME) turrará de cheo co planeta veciño, segundo a traxectoria calculada polos expertos do Laboratorio do Clima Espacial Goddard.
A diferencia do que sucede na Terra, Venus non conta cun escudo magnético que poida protexelo desta clase de eventos espaciais, polo que o impacto deixarase notar directamente na súa atmosfera.
Hoxe a gran nube de partículas da exección de masa solar llegará ata a Terra e chocará contra o seu campo magnético, que a desviará na súa maior parte cara os polos. Espérase unha intensa actividade xeomagnética e auroras boreais ao redor do Círculo Polar Ártico.
FONTE: Xornal ABC/Ciencia
0 comentarios