A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (VI)
Prezos da auga doméstica en españa / Imaxe:iagua.es
Imos coa última das seis peculiaridades do consumo de auga en España, que debemos coñecer para facer un uso máis racional e sostible deste ben tan escaso:
Prezo da auga doméstica, diferente entre provincias
O prezo medio en España da auga para uso doméstico é de 1,59 euros por metro cúbico (euros/m3), segundo o estudo de AEAS-AGA 2013. Non obstante, hai importantes diferenzas entre provincias, que obedecen a diversos factores de dispoñibilidade, calidade, proximidade dos recursos hídricos, procesos, técnicas e custos necesarios para a potabilización e depuración da auga, ou a incorporación dos diferentes canons autonómicos.
Murcia é a provincia co prezo da auga máis cara de España (2,31) seguida de Barcelona (2,24), Alicante (1,94) ou Ceuta (1,93). As provincias que pagan menos pola auga son Palencia (0,72), Guadalajara (0,79), Melilla (0,8) ou Ávila (0,83). En contraste, as cidades europeas pagan uns prezos "considerablemente máis altos" pola auga urbana. Así, mentres en Bilbao se paga 1,22 euros/m3, en Glasgow ascende aos 5,28 euros/m3, Na Haia a 4,69 euros/m3 ou en Berlín aos 4,63 euros/m3.
As catro provincias galegas teñen estes prezos, todos eles por baixo da media nacional: A Coruña (1,02 euros/m3), Lugo (1,14 euros/m3), Ourense (0,91 euros/m3) e Pontevedra (1,17 euros/m3).
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios