MEXILLÓN CEBRA
Exemplar de mexilón cebra (depredators.wordpress.com)
O mexillón cebra (Dreissena polymorpha) é un molusco bivalvo de auga doce, que tamén resiste en augas salobres, procedente do mar Negro e Caspio, onde habita en equilibrio biolóxico. Non é comestible.
A partir do século XIX estendeuse por Europa coa navegación fluvial dos ríos desa zona e nos anos oitenta do século XX empezou a invadir América do Norte co transporte marítimo de mercadurías. Actualmente colonizou numerosas augas continentais (ríos, lagos, lagoas e encoros) de América do Norte e Europa central e occidental.
A vía de entrada do mexilón cebra nun ecosistema libre desta especie acontece ser a solta de auga con larvas deste molusco invasor transportada nuna embarcación ou recipiente procedente dotro lugar donde esté presente.
As larvas do mexillón cebra teñen unha gran capacidade de dispersión, o que favorece unha rápida expansión desta especie augas arriba e abaixo dende o punto onde se introducira no río, cubrindo todas as áreas húmidas en lagos, lagoas e encoros. Teñen un crecemento rápido e prácticamente cada mes reprodúcense, deste xeito pronto forman as características mexilloneiras constituídas por numerosos individuos por metro cadrado, e as súas cunchas valeiras acumúlanse nas beiras e fondos dos cauces.
O mexillón cebra aliméntase de fitoplancton, competindo con outras especies autóctonas por este alimento e incrementando o nivel de materia orgánica, afectando así á calidade das augas continentais. Polo tanto, afecta a toda a fauna e flora silvestres debido á alteración dos ecosistemas. O mexillón cebra caracterízase por causar un gran desequilibrio ecolóxico ao cubrir e tapizar todo o sustrato que atopa ao seu paso: leito fluvial, cantos rodados e rochas, vexetación de ribeira, cunchas de bivalvos autóctonos, construccións hidráulicas de todo tipo, turbinas, desagües, depósitos, cascos, motores e áncoras de embarcacións, embarcadoiros, industrias, centrais hidroeléctricas, plantas potabilizadoras de auga, encoros, canles de rego, canles de entrada e saída de centrais enerxéticas, etc.; e incluso chega a obstruír totalmente cañerías, tuberías, conductos de irrigación e conduccións hidráulicas en xeral.
A acumulación de miles e miles de valvas de especímenes mortos modifica o sustrato dos fondos dos ríos, das praias de ribeira e dos sedimentos fluviais.
Como vedes non é algo anecdótico, é un desastre ecolóxico. Unha das zonas máis afectadas en España é o río Ebro. No vídeo podedes constatar este problema.
FONTE:naturalezadearagon.com
0 comentarios