DÍA DA TERRA
O Día da Terra, que se conmemora hoxe, tenta concienciar ao mundo cada 22 de abril da necesidade de protexer o medio ambiente e a conservación da Terra. Este ano o lema fai referencia á biodiversidade de especies que hai no planeta: “Protexamos as nosas especies”.
Ao referirnos á biodiversidade, que é a variedade de seres vivos que existe no planeta, a cantidade de especies de flora e fauna que desaparece na Terra estímase que rolda entre as 150-200 cada 24 horas. Este ritmo mingua a pasos axigantados a biodiversidade do planeta e, por desgraza, os humanos temos tanto que ver no problema que o ritmo actual é mil veces maior que se fose unha extinción natural de especies.
Nas nosas mans está en frear esta desaparición!
0 comentarios