FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA VII
En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Inicio o apartado dos moluscos, dos que catro corren perigo.
Ameixa perlífera de río / Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente e Caracol de Quimper / Gilles San Martin/Wikimedia Commons
13. Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Un deles é a ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera), que habita os tramos superior e medios dos ríos de augas limpas nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo. De feito, Galicia acolle as mellores poboacións desta especie de toda a península ibérica. Malia ser tan característica do noso territorio, está ameazada e é “altamente necesario” facer un seguimento das súas poboacións. A solución sería mellorar a contorna dos ríos.
14. Caracol de Quimper (Elona quimperiana)
A segunda especie de molusco ameazada é o caracol de Quimper (Elona quimperiana), que habita exclusivamente en zonas de clima oceánico e atlántico. A súa presenza é moi localizada e céntrase, sobre todo, no litoral cantábrico. Todo apunta a que as súas principais ameazas son as repoboacións forestais e os incendios. En Europa, de feito, xa se extinguiu no suroeste de Francia.
Continuará!
FONTE: gciencia.com/medioambiental
0 comentarios