HESPÉRIDES
Buque "Hespérides" (Foto: CSIC)
O Buque de Investigación Oceanográfica (BIO) "HESPÉRIDES", da Armada española, con base en Cartagena, foi construído e botado o 12 de marzo de 1990. Tamén ten responsabilidades da xestión científica o Ministerio de Cinecia e Tecnoloxía.
Ata hoxe o BIO realizou numerosas campañas de investigación, recorrendo máis de 300.000 millas náuticas e acollendo a máis dun millar de investigadores e técnicos nacionais e estranxeiros.
A noticia é que onte, sábado, zarpou de cartagena para iniciar a XIV campaña antártacica, coa que conclúe a súa participación no Ano Polar Internacional.
O estudo do desxeo nos polos será unha das actividades máis interesantas que realizarán os científicos españois que participan na misión.
A dotación será exclusivamemte militar (50 homes e 6 mulleres) ata a chegada do barco, a finais de xaneiro, a Punta Arenas (Chile), onde embarcarán 37 científicos para realizar varias campañas, unha delas a denominada ATOS-Antártida sobre o desxeo dos polos. Outras campañas serán sobre contaminación orgánica provocada polo home nos polos, outra denominada Caribe Norte, etc.
¡Voa viaxe!
0 comentarios