Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA XVII

CRUCIGRAMA XVII

VERTICAIS: 1. Inflamación do oído 3. Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central con demencia progresiva, que comeza habitualmente despois da etapa media da vida 4. Intoxicación alimentaria producida pola inxestión de alimentos en mal estado, xeralmente conservas 5. Disposición patolóxica ás hemorraxias, debida ás dificultades para a coagulación do sangue, que é transmitida polas mulleres e que só padecen as persoas de sexo masculino 6. Enfermidade debida a unha alteración no metabolismo da insulina ou a unha redución da capacidade do páncreas para segregala 8. Enfermidade que afecta especialmente o fígado, caracterizada por un endurecemento dos seus tecidos, variacións na súa forma e tamaño e que provoca unha insuficiencia nas súas funcións e hipertensión venosa.

HORIZONTAIS: 2. Inflamación aguda do pulmón 7. Desviación da dirección normal da vista nun ou nos dous ollos, que provoca anomalías na visión 9. Defecto visual en que a imaxe dun obxecto situado a distancia se forma antes da retina, polo que a persoa afectada só o pode ver de moi cerca 10. Enfermidade grave que se caracteriza por un aumento excesivo e permanente dos glóbulos brancos no sangue.

Mañá a solución!

 

0 comentarios