Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CROACIA? IX

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é Dinara. Este monte, de 1831 m de altitude, está situado na fronteira entre Croacia e Bosnia e Hercegovina, nos Alpes Dináricos, e que constitúe a maior elevación do primeiro deses países.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Croacia, tal como dixemos, limita ao suroeste co mar Adriático. Nesta costa cal é a illa máis grande?

- Hvar

- Krk

- Brač

- Cres

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org   

0 comentarios