Blogia
vgomez

APRENDER A ESCOITAR

  

Victor Küppers é Doutor en Humanidades e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Profesor universitario e formador, Küppers é autor de libros de éxito como "O efecto Actitude" e "Vivir unha vida con sentido". É un defensor absoluto do poder que ten a "actitude" para desenvolver o máximo potencial das persoas: "Ti vales os teus coñecementos, as túas habilidades e a túa actitude, pero a actitude multiplica”, explica. Víctor Küppers reivindica a importancia de aprender a escoitar para coidar as relacións no mundo actual. Apaixonado pola psicoloxía positiva, o seu pensamento poderíase resumir nesta frase de Teresa de Calcuta: “Que ninguén se achegue a ti sen que ao irse se sinta un pouco mellor e máis feliz”. Para Küppers esta é a definición dunha "persoa espectacular".

0 comentarios