Blogia
vgomez

ESTAMOS CORRENDO POLA VIDA, EN VEZ DE VIVILA

 

Dende a época romana e as primeiras queixas dos cidadáns pola “tiranía do tempo” que impoñían os reloxos de sol, medir minutos e botar a correr foi unha constante do ser humano. O chamado “gurú anti présa”, Carl  Honoré, é o portavoz do movemento Slow, que propón retardar a vida e reducir as cargas mentais, académicas ou laborais para dispoñer de máis tempo de calidade. “O ‘delicioso paradoxo da lentitude’ demostra que aqueles que retardan a través da meditación, do pensamento lento, teñen máis capacidades para xestionar o mundo rápido que aqueles que nunca pisan o freo. A lentitude é un  superpoder nun mundo  hiperacelerado”, desenvolve o autor en libros como ‘Baixo presión’, ‘A lentitude como método’ e ‘Eloxio da lentitude’. Como deter ese ritmo de vida que transmite o virus da présa e a impaciencia ás seguintes xeracións?  Honoré suxire aplicar a filosofía Slow tamén ás familias e escolas, reducir as actividades extraescolares, comer e cear en compañía, sen distraccións tecnolóxicas, e comezar o día cuns minutos de silencio.

0 comentarios