BANDEIRAS DO MUNDO CXXI(FIN 1ª PARTE)
Esta é a bandeira de Corea do Norte (República Popular Democrática de Corea (RPDC)/조선민주주의인민공화국), un país asiático que ocupa a metade norte da Península de Corea. Conta cunha poboación que supera os 25 millóns de habitantes, sendo a súa capital Pionyang. O idioma oficial é o coreano.
A bandeira está composta por cinco franxas horizontais de cores azul, branca, vermella, branca e azul. Centrado ao longo da bandeira aparece un círculo branco, que inclúe no seu interior unha estrela vermella de cinco puntas. A cor azul representa o desexo do pobo de paz, o vermello simboliza o espírito revolucionario da loita polo socialismo e o branco (cor tradicional de Corea) representa a pureza dos ideais de Corea do Norte e a súa soberanía nacional. A estrela vermella de cinco puntas simboliza o liderado do Partido dos Traballadores de Corea. O círculo branco lembra ao símbolo do yin e o yang, o cal é un símbolo tradicional da cultura coreana.
Con esta bandeira remato a primeira parte desta serie adicada á Bandeiras do Mundo. Continuara...
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios