Esta fin de semana chega aos cines o documental "100 DÍAS DE SOIDADE". José Díaz sentía desde hai tempo a necesidade de realizar esa viaxe interior que tan ben relatou hai máis dun século H.D. Thoreau. Así que en 2015 agarrou a cámara e penetrouse no espectacular Parque Nacional de Redes (Principado de Asturias), unha recóndita zona asturiana que se convertería no seu paraíso máis íntimo. Alí el mesmo gravou este documental, un retrato existencial que reflicte as repercusións do seu illamento prolongado en plena natureza, así como convida á reflexión sobre quen somos e cal é o sentido último de nosa propia existencia.

Esta é a súa fiche técnica:

Xénero: Documental/Natureza

Ano: 2016

Duración:93 min

Dirección, guión e reparto: José Díaz Garardo Olivares

Produtora: Wanda Films/RTVE

Sinopse: José Díaz reclúese na súa cabana no Parque Natural de Redes durante un longo período de cen días, sendo autosuficiente e desconectando co mundo real e os seus avances. Non ten electricidade, nin móbil, nin televisión, nin computador, nin reloxo... Só o home coa natureza.

Impresionante!