20180315083653-c-3.jpg

Primavera na Coruña / Imaxe:cosipava.wordpress.com

Hoxe, martes, 20 de marzo, ás 17 horas e 15 minutos, hora oficial peninsular, comeza a primavera. Esta estación durará 92 días e 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comezo do verán.

O inicio da primavera é a época do ano en que a lonxitude do día alóngase máis rapidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás máis dun minuto antes que o día anterior, e pola tarde ponse máis dun minuto despois. Como consecuencia, ao comezo da primavera, o tempo en que o Sol está por encima do horizonte aumenta case tres minutos cada día.

Que disfrutedes dela!