Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A INTERNET XIV

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Baidu. Mentres que en occidente só utilizamos tres buscadores da internet, Google, Yahoo e Bing, en China hai moitos buscadores. Son buscadores chineses para páxinas chinesas. Son buscadores domésticos sen ningunha proxección internacional. Mesmo, o buscador máis utilizado de China, Baidu, é un buscador principalmente doméstico. Con sede en Pekín, foi fundada a finais de 1999.

Os buscadores norteamericanos Google, Yahoo e Bing tamén están en versión chinés pero non teñen moito éxito no mercado chinés. Estes tres buscadores son tecnoloxicamente mellores que o chineses pero  indexan poucas webs chinesas e por iso non son tan utilizados alí.

E imos coa pregunta de hoxe:

Español na internet / Imaxe: hoyreka.com

14. Que lugar ocupa o español como idioma empregado na internet?

- Primeiro

- Segundo

- Terceiro

- Cuarto

- Quinto

Mañá a solución.

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/experienciachina.com/wikipwpia.com

0 comentarios