Blogia
vgomez

COMUNICADOS

INFORME PISA 2025

INFORME PISA 2025

España cae ata os peores resultados da súa historia no informe PISA 2025, que avalía a estudantes de 15 e 16 anos ao termo da educación obrigatoria, e non só non é capaz de darlle a volta á súa tendencia á baixa nesta análise mundial, senón que empeora nas tres áreas de competencia que se analizan: matemáticas, lectura e ciencias.

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) deu a coñecer este martes o informe PISA que ten como principal obxectivo ofrecer unha fotografía comparativa das competencias que o alumnado adquiriu e de como estas poden utilizarse en situacións relevantes da vida cotiá. A proba valora así ata que punto os estudantes son capaces de resolver problemas complexos, pensar de forma crítica e comunicarse de xeito efectivo.

O 68% dos estudantes de España son capaces de identificar a idea principal dun texto de extensión moderada, localizar información a partir de criterios explícitos e reflexionar. Pero só o 2% de estudantes alcanzou o nivel superior de lectura (a media é do 6% na OCDE), isto é, son capaces de comprender textos extensos, longos e complexos.

O rendemento de España na materia de matemáticas queda significativamente por baixo das medias da OCDE e a Unión Europea cunha evolución dispar: España rexistra un descenso continuado, máis intenso no último período, mentres que o media OCDE-35 presenta unha traxectoria máis irregular e modera a súa caída no período máis recente.

En canto ao rendemento medio de España na competencia científica, o informe PISA 2025 pon de manifesto que é inferior á media da OCDE, pero non presenta diferenzas significativas co total da UE. 

En resumo, moito que mellorar!

FONTE: rtve.es

DÍA D: 9 DE SETEMBRO

Ese día D, 9 de setembro, mercores, marca a saída do novo curso escolar 2026/2027.

Tal como di o DOG, as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior da formación profesional, nos cursos de especialización e nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde este día: 9 de setembro de 2026.

Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional, as actividades lectivas realizaranse, tamén, desde o día 9 de setembro de 2026.

No caso das ensinanzas de réxime especial, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas. En calquera caso, as actividades lectivas deberán ter comezado o día 16 de setembro de 2026.

No referente as Universidades, estas comezaran uns días antes o 7 de setembro de 2027.

No caso de A Guarda, o primeiro día de descanso será o 23 desetembro, festa local de Santa Trega.

O resto de vacacións serán:

– Desde o día 22 de decembro de 2026 ata o día 7 de xaneiro de 2027, ambos incluídos.

– Os días 8, 9 e 10 de febreiro de 2027.

– Do día 22 ao 29 de marzo de 2027, ambos incluídos.

- Día do Ensino, 7 de decembro de 2026.

- Un segundo día non lectivo, festa local, a determinar polo Concello. Se esta non coincide con día lectivo, os consellos escolares solicitarán ese segundo día non lectivo, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.

Bo curso a todos@todas!

ESTA MADRUGADA ECLIPSE PARCIAL DE LÚA

Durante a madrugada do 28 de agosto de 2026, será posible observar unha eclipse parcial de Lúa que será visible en toda España. A observación da eclipse pódese realizar a primeira ollada e non entraña ningún perigo nin require ningún tipo de instrumentación especial. 

A eclipse, de magnitude 0,93 (significa que a sombra cubrirá unha parte moi grande do diámetro lunar, pero non chegará a envolver completamente a Lúa), será visible nalgunha das súas fases en: o oeste de Asia, Europa, África e América. A zona en que será visible a fase de parcialidade vén delimitada pola parte interna das curvas etiquetadas con iS e fS.

A fase parcial será visible desde toda España antes da posta da Lúa, aínda que no centro e leste da Península e Baleares o noso satélite ocultarase antes de finalizar esta fase.

No referente á provincia de Pontevedra, estes son os datos:

Que o tempo sexa favorable!

FONTE: astronomia.ign.es

A GUARDA: ECLIPSE DO 12 DE AGOSTO DO 2026

Desde o Instituto Xeográfico Nacional (IGN) deseñaron un mapa interactivo no que se pode consultar desde que partes de España verase mellor a eclipse, onde se verá ao 100% e a que hora exacta comezará e terminará nos distintos municipios españois. Se queres acceder preme AQUÍ.

Lembrade: Comprobar que as lentes están homologadas, teñen marcado CE (é dicir, cumpren cos controis europeos) e seguen a norma ISO 12312-2:2015.

Esperemos que o tempo nos acompañe!

Os riscos de mirar (mal) a eclipse solar e como non caer neles

España será un dos mellores lugares do mundo para contemplar a próxima eclipse total de Sol, un fenómeno astronómico que poderá observarse con especial claridade en gran parte do país. Aínda que a eclipse comezará sobre Groenlandia e tamén será visible en zonas do oeste como Islandia, será o territorio español onde ofrecerá un dos seus maiores espectáculos.

O percorrido empezará a apreciarse en Galicia, avanzará por diferentes comunidades ata chegar a Valencia e finalizará en Baleares, onde o Sol se poñerá mentres o fenómeno segue sendo visible. Ademais, oito capitais de provincia poderán desfrutar da eclipse total, entre elas León.

A eclipse prodúcese cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol, ocultando progresivamente o disco solar. Primeiro observarase unha eclipse parcial e, posteriormente, nas zonas privilexiadas, alcanzarase a fase de totalidade.

Os expertos lembran que, aínda que se trata dun espectáculo único, nunca debe observarse directamente o Sol sen protección adecuada. É imprescindible utilizar lentes homologadas para eclipses, equipadas cun filtro capaz de bloquear máis do 99% da luz solar, xa que o uso de lentes convencionais pode provocar graves danos na vista.

FONTE: elmundo.es

LETRAS GALEGAS 2027

O pleno da Real Academia Galega, nunha votación por unaminade, elexiu como figura homenaxeada para o Día das Letras Galegas 2027 a Xosé Santiago Neira Vilas.

Nado en Gres (Vila de Cruces-Pontevedra) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Teremos todo un ano para afondar na súa vida e na súa obra!

ECLIPSE SOLAR DO 12 DE AGOSTO 2026: GALICIA: CONCELLO A CONCELLO

O ceo de Galicia converterase no escenario dun dos fenómenos astronómicos máis espectaculares e esperados das últimas décadas. Unha eclipse solar total cruzará a comunidade autónoma en diagonal, ofrecendo a miles de galegos a oportunidade única de vivir a experiencia da totalidade, o momento exacto no que a Lúa cobre por completo o disco solar e o día convértese brevemente en noite. Este acontecemento espertou unha enorme expectación tanto entre a comunidade científica como entre os afeccionados á astronomía, que xa preparan os seus dispositivos de observación.

Mapa do percorrido da eclipse total de Sol que atravesará España o 12 de agosto de 2026, coa franxa de totalidade visible na metade norte peninsular e Baleares /  Observatorio Astronómico Nacional/Ministerio de Transportes.

A franxa de escuridade máxima non afectará a todo o territorio galego por igual, xa que dividirá a rexión de forma moi marcada. Mentres que a metade nororiental terá o privilexio de presenciar a eclipse en todo o seu esplendor, os municipios situados no suroeste, incluíndo as Rías Baixas e as principais áreas urbanas das provincias de Pontevedra e o sur de Ourense, terán que conformarse cunha observación parcial. Esta delimitación xeográfica levou a moitos cazadores de eclipses a planificar desprazamentos cara ao norte para non perderse o ansiado minuto de ouro.

Para garantir unha observación segura e espremer ao máximo a experiencia, as autoridades e expertos recomendan buscar puntos elevados e despexados de contaminación lumínica ou árbores. Ademais, lembran a obrigatoriedade de empregar lentes de protección homologadas con filtros específicos durante todas as fases previas e posteriores á totalidade, xa que mirar directamente o sol pode causar danos oculares irreversibles. Se queres saber se o teu municipio se atopa entre os afortunados, a continuación detallámosche a lista definitiva dos concellos galegos situados dentro da franxa de totalidade.

Concellos da provincia da Coruña: Abegondo, A Coruña, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Capela, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerdido, Coirós, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fene, Ferrol, Frades, Laxe, Mañón, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Melide, Mesía, #Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Oroso, O Pino, Oza-Cesuras, Pontedeume, Ponteceso, Sabón (Arteixo), Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vimianzo e Zas.

Concellos da provincia de Lugo: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, A Fonsagrada, A Pontenova, As Nogais, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervantes, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Mondoñedo, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Ou Courel, O Saviñao, O Valadouro, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Trabada, Triacastela, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

Concellos da provincia de Ourense: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Trives, Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras e Vilariño de Conso.

Concellos da provincia de Pontevedra: Agolada, Rodeiro e Vila de Cruces.

FONTE: abc.es/ciencia    Imaxes: elpaisaguilar.es e eldiario.es

O mosquito tigre chega ao norte de Galicia, co seu avistamento na cidade da Coruña

O mosquito tigre pode transmitir enfermidades como a causada polo virus do Nilo Occidental 

O mosquito tigre (Aedes albopictuschegou ao concello da Coruña, o que o converte no primeiro municipio do norte de Galicia en rexistrar a presenza deste insecto, segundo informa a Xunta. A Coruña súmase así a Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, Vilaboa, O Porriño, Tui, Mos, Bueu, Ponteareas, Poio e Salvaterra de Miño, todos eles na provincia de Pontevedra.

O Goberno galego informa de que continúa reforzando a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), da que neste ano forman parte 31 municipios, co obxectivo de identificar os principais organismos transmisores de enfermidades. Dos 64 municipios invitados a participar na rede durante o 2026, confirmaron a súa adhesión os seguintes: A Coruña, Betanzos, Carballo, Noia, Ordes, Santiago de Compostela, Vimianzo, Monforte de Lemos, Baiona, Bueu, A Guarda, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontevedra, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Recentemente sumáronse os de Allariz, O Carballiño, Castrelo de Miño, Ourense e Rairiz de Veiga.

Na actualidade, en Galicia están presentes especies de mosquitos capaces de transmitir enfermidades como a causada polo virus do Nilo Occidental (mosquitos do xénero Culex) ou o dengue, chikungunya e zika (mosquito tigre, Aedes albopictus). Aínda que estas especies de mosquitos non están a transmitir estas enfermidades na comunidade por non estar infectados polos microorganismos causantes, a súa vixilancia resulta fundamental para detectar de forma temperá calquera cambio na situación epidemiolóxica.

Co obxectivo de avaliar a evolución da situación e coordinar as actuacións de seguimento e control, o próximo 9 de xullo reunirase o Comité Interdepartamental do Mosquito Tigre, no que participan os concellos con presenza confirmada deste vector, as áreas sanitarias implicadas e representantes dos distintos organismos colaboradores.

FONTE: lavozdegalicia.es