Blogia
vgomez

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024/2025

O DOG de onte, publica a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estes son os aspectos máis importantes:

- As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos. Non obstante, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en diante, ABAU). No caso das ensinanzas de réxime especial, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas.

- Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

* Nadal: Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

* Entroido: Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

* Semana Santa: Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

- Días non lectivos:

* As festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local acordadas pola consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia serán días non lectivos.*  Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días lectivos, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral anual do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 18 de outubro de 2024 perante a xefatura territorial correspondente que, logo de informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda. É recomendable que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o cal se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.

* O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.Para completar esta información preme.

FONTE: xunta.gal/dog    Imaxe: eldiario.es/galicia

0 comentarios