Blogia
vgomez

CHEGA A PRIMAVERA

Chega a primavera  / ferratum.es

Hoxe, 20 de marzo, ás 4:06 (hora peninsular española) comezou a primavera. En total, durará 92 días e 18 horas, finalizando o 20 de xuño, cando empezará o verán.

A chegada da primavera desde o punto de vista astronómico coincide no hemisferio norte co equinoccio de primavera, momento no que o día e a noite teñen unha duración similar.

O termo primavera derívase do latín, e está composta por prima que provén de «primeiro» e de vera «verdor» e significa literalmente “O primeiro verdor” alude obviamente ao momento do ano no que se sitúa, que, tras días grises, chuviosos e fríos, a terra énchese de vivas cores, a calor aparece aos poucos e as plantas florecen. A primavera tamén é sinónimo de vitalidade, de luz, cor e alegría.

Pero non olvidemos: fai falta auga! Veremos se se cumpre o refrán: Abril augas mil!

0 comentarios