Hoxe,  21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down, unha xornada na que asociacións e familias esfórzanse máis ca nunca por achegar á sociedade a forma de ser, pensar e sentir dun colectivo que en España está formado por máis de 35.000 persoas.

Down España lanzou a campaña "Auténticos”, realizada sen ningún tipo de guión, mostrando persoas con síndrome de Down tal e como son, sen artificios, e que reflicte que eles son inimitables, espontáneos e xenuínos, en definitiva, auténticos.

A síndrome de Down é unha alteración xenética que se produce pola presenza dun cromosoma extra ou unha parte del. As células do corpo humano teñen 46 cromosomas distribuídos en 23 pares. Un destes pares determina o sexo do individuo, os outros 22 numéranse do 1 ao 22 en función do seu tamaño decreciente. As persoas con síndrome de Down teñen tres cromosomas no par 21 en lugar dos dous que existen habitualmente; por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21. A síndrome de Down é a principal causa de discapacidade intelectual e a alteración xenética humana máis común. Prodúcese de forma espontánea, sen que exista unha causa aparente sobre a que se poida actuar para impedilo. Prodúcese en todas as etnias, en todos os países, cunha incidencia dunha por cada 600-700 concepcións no mundo.

FONTE: sindromedown.net