Blogia
vgomez

CASTROS DE GALICIA III

 

Continúo coa serie CASTROS DE GALICIA. Hoxé tócalle ao castro de San Cibrao de Las.

Tamén coñecido como A Cidade, Lambrica, Lansbrica, Lanobrica ou Lansbricae está situado a 18 km de Ourense, entre os termos municipais de Punxín (o concello onde eu nacín) e San Amaro. Emprázase sobre unha pequena elevación, a 473 msnm, ao lado do dominante Monte de San Trocado, de 550 msnm, no que tambén atopáronse restos dun castro dun período inicial da cultura castrexa. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese observar un período de ocupación continuada que abarca desde o século II a. C. ata o século II, e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

Polo seu tamaño pode ser comparado co Castro de Santa Trega, do que falamos onte, e coas Citanias do norte de Portugal, poboados da cultura castrexa que se caracterizan polo seu avanzado estado de romanización (aculturación) e as súas grandes dimensións.

Atendendo á súa tipoloxía, pódese afirmar que se trata dun xacemento correspondente á etapa final da cultura castrexa, na que o proceso de romanización configurou unha sociedade cunha cultura definida, a coñecida tamén como cultura galaico-romana, na que o sistema social preexistente está nun proceso de cambio e adaptación ao sistema romano, de modo que ambas as culturas mestúranse.

O castro estrutúrase en dous recintos amurallados de forma elíptica case concéntricos, cun lixeiro alongamento no eixo nordés-suroeste, cunhas dimensións de 294 m do eixo Leste-Oeste e de 420 m do eixo maior. Deste xeito, a superficie intramurallas é de 95.900 m², distribuídos en 8.750 m² de acrópole e 87.150 m² de anteacrópole.

Mañá outro castro!

0 comentarios