Blogia
vgomez

ANYmal: UN ROBOT CUADRÚPEDO TODOTERREO

 

O aspecto de ANYmal é o dun can robótico inofensivo. A súa forma de andar é mesmo cómica e a súa xéstica (se é que iso pode aplicarse a máquina das súas características, xa que non trata de imitar aos humanos) nada intimidatoria. E, con todo, hai quen o cualifique como aterrador e mesmo unha web de tecnoloxía incluíuno entre os robots máis “horribles”. A culpa, por suposto, non é dos seus creadores, a compañía suíza ANYbotics, centrada nunha robótica de servizo, senón dun capítulo da fabulosa serie Black Mirror (en concreto o quinto da cuarta tempada, titulado  Metalhead) no que un grupo de enxeños  robóticos similares a cans parecían dominar á especie humana pola forza ata case aniquilala. O lema de ANYbotic, en cambio, é “Permitamos que os robots vaian a calquera sitio”, quizá a forma de expresar a súa confianza nunha tecnoloxía que non para de crecer e que debería servir unicamente para facer as nosas vidas máis sinxelas. E iso é precisamente o que se pretende con ANYmal, un  cuadrípedo cunhas capacidades asombrosas: “un robot común, o que ten rodas, está moi ben e ten moitas funcións e suficiente batería para funcionar durante horas. Pero non se pode utilizar baixo a choiva ou usar escaleiras. Doutra banda os drons funionan moi ben, traballan desde distintos ángulos e proporcionan imaxes estupendas pero voan durante poucos minutos e poden levar pouca carga. O noso robot é unha combinación entre ambos. Pode moverse por calquera tipo de terreo e, ao mesmo tempo, pode levar unha carga grande e batería de longa duración. A batería dura tres horas e debido a que é  autómomo pode volver sobre os seus pasos e recargase nunha estación”, explican dende a compañía.

A versatilidade de ANYmal convérteo nun robot perfecto para un amplo rango de tarefas industriais, no interior ou exterior, para labores de repartición, de rescate, agrícolas, forestais ou mesmo de entretemento. E é que as súas catro patas permítenlle camiñar, correr, saltar,  gatear, escalar ou… bailar. Aínda que, obviamente, a mobilidade é un dos fortes do robot, o resto do seu equipamento é o que consegue que sexa unha ferramenta tan poderosa. Grazas a distintos sensores, cámaras e aplicacións, ANYmal é capaz de elaborar  mapeados, detectar cambios de temperatura ou variacións de son, o que lle permite aplicar distintas solucións no espazo no que se atope traballando.

Aínda que na actualidade ANYmal atópase en fase beta, os seus creadores esperan comercializalo moi pronto, e para iso están centrados en mellorar a súa robustez e distintas destrezas. Ademais, a idea é que funcione con APIS abertas que permitan aos clientes programalos eles mesmos para que poidan adaptarse a distintos tipos de tarefas. Pero… que non renda o pánico, porque ningunha delas contempla crear un exército de cans asasinos dispostos a sementar o caos no mundo.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpaís.com

0 comentarios