PERIGO, PEÓNS ZOMBIS
Perigo, peóns zombis!
Utilizar o móbil mentres se conduce ocasiona cada ano a morte de 390 persoas, segundo o estudo Smartphones: o impacto da adicción ao móbil nos accidentes de tráfico, realizado pola Fundación Liña Directa en colaboración co Instituto Universitario de Investigación de Tránsito e Seguridade Viario da Universidade de Valencia (INTRAS).
Ademais, o estudo apunta que as distraccións co móbil causan o 20% de todos o falecidos, un de cada cinco, en accidentes de tráfico e un total de case 8.000 accidentes con vítimas.
Estas cifras converten o uso do móbil en "unha das principais causas de mortalidade na estrada, á altura do exceso de velocidade ou do consumo do alcol", conclúe a investigación.
Pero a problemática do móbil e automóbil vai máis aló. O número de viandantes atropelados é cada vez máis frecuente, e os propios camiñantes (un 90%) recoñecen o risco nalgunha das súas condutas. Nalgúns casos, os peóns van completamente illados da súa contorna, especialmente cando usan auriculares, algo que realizan 3 de cada 5 persoas. Entre elas, os usos máis habituais son para escoitar música (o 44% confesa facelo moi a miúdo, usando o móbil ou outros dispositivos), ou para facer ou recibir chamadas (28%). Unhas prácticas que provocan o fenómieno coñecido como «peóns zombis».
Segundo o VI Informe de distraccións, realizado por BP, Castrol e o RACE, as distraccións están detrás dun elevando porcentaxe deses accidentes. Gran parte delas son debidas ao mal uso das tecnoloxías, do teléfono móbil e das redes sociais, tanto por parte dos condutores como dos peóns. Así, máis de medio millón de españois recoñecen sufrir un contratempo relacionado co uso do ‘smartphone’ ao volante ou mentres camiñaban pola vía pública.
Temos un problema!
FONTE: revista.dgt.es e abc.es/motor
0 comentarios