ILLAR O ADN DUN AMORODO
Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.
Na sección de xenética, Helena González-Burón, investigadora española licenciada en Bioloxía, Bioquímica e doutora en Biomedicina, especializada en mecanismos moleculares de reparación do ADN, explícanos como illar a molécula que fixo posible a vida na Terra. Cun quilo de amorodos, unha bolsa zip, e unha disolución preparada, podes extraer ADN!
Espectacular!
0 comentarios