CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? X
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é repítese a bandeira do Reino Unido. A explicación é a pertenza a Mancomunidade de Nacións (Commonwealth of Nations), unha organización composta por 54 países soberanos independentes e semiindependentes que, coa excepción de Mozambique e Ruanda, comparten lazos históricos co Reino Unido. No pasado, Irlanda e Zimbabue tamén formaron parte dela. O seu principal obxectivo é a cooperación internacional no ámbito político e económico, e desde 1950 a pertenza a ela non implica submisión algunha á Coroa británica, aínda que se respecta a figura do monarca do Reino Unido (Carlos III).
E imos coa pregunta de hoxe!
10. En Australia (Oceanía) non só hai máis canguros que persoas, tamén hai 3 veces máis ovellas que humanos. Pero tamén hai outros animais curiosos. Podes identificalos?
a. Emú
b. Wómbat
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e hogarmania.com
0 comentarios