COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO XI
Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos da Mula.
A Mula é realmente un Citroën C15, un dos vehículos industriais máis exitosos da marca francesa, fabricado entre 1984 e 2005. Vendéronse miles de unidades na España rural, onde foi utilizado, e aínda séguese a empregar, para as tarefas máis duras: unha auténtica mula de carga.
A gama de lanzamento constaba de dúas motorizacións, unha de gasolina de 1.1 litros e outra diésel de 1.8 litros, de 48 CV e 60 CV de potencia máxima respectivamente, estando dispoñible desde 1986 unha segunda opción de gasolina de 1360 c.c. e 60 CV. Todos estes motores procedían do turismo Citroën Visa, do cal derivaba a C15. Estas mecánicas de gasolina serán substituídas por outras máis modernas (tipo TU), aínda que da mesma cilindrada, procedentes do modelo AX, despois de 1987, con potencias entre 55 e 75 CV. Tamén o diésel será substituído por un novo 1.9 litros de 71 CV. Segundo o ano e a versión, tiña unha capacidade máxima de carga de entre 500 e 800 kg.
A última unidade (número 1.181.471) fabricouse en decembro de 2005 na factoría de Citroën de Vigo.
Mañá o derradeiro coche!
0 comentarios