Blogia
vgomez

Perseidas 2025: cando e onde ver a choiva de estrelas de agosto?

O ceo prepárase para ofrecer, como cada ano, o espectáculo astronómico máis cegador da época estival. As perseidas, coñecidas como as bágoas de San Lorenzo, alcanzarán o seu máximo esplendor durante a cálida noite do 12 de agosto. Nese momento, millóns de partículas de po e gas atravesarán o firmamento a 60 quilómetros por segundo.

A mellor choiva de meteoros ao norte do Ecuador nace da cola do cometa Swift-Tuttle que foi descuberto en 1862, un obxecto xeado que completa a súa órbita cada 133 anos. Segundo explica César González, divulgador do Planetario de Madrid, preto das dez da noite da hora peninsular española os fragmentos desprendidos deste corpo celeste se desintegrarán ao entrar en contacto coa atmosfera terrestre, xerando brillantes escintileos de luz.

Quéimanse e póñense incandescentes e é cando ti ves no ceo un trazo luminoso que non é nin máis nin menos que a rocha desintegrándose”, detalla. Tal como un viaxeiro que se sacode a neve dos ombreiros. Este fenómeno ocorre porque a Terra atravesa esa zona do espazo repleta de residuos deixados polo paso do Swift-Tuttle que literalmente traga e varre con todas as partículas suspendidas na súa traxectoria.

Un cometa, indica González, é unha mestura de po e xeo: se tomas coas mans un puñado de cada un e únelos, terás a esencia do que é. Cando se achega ao astro rei, a calor derrite ese xeo que vai deixando gases e tamén finas partículas. “Non son estrelas caendo”, complementa Miguel Rodríguez Alarcón, investigador predoctoral do Instituto de Astrofísica de Canarias. “O que temos é un cometa cunha órbita chea de po. É coma se nos aera area”, exemplifica.

Son tan diminutos que moitos non superan o tamaño dun gran de arroz. Aínda que cada verán varía tanto a intensidade como o número de meteoros, desafortunadamente as perseidas alcanzarán o seu máximo esplendor pouco despois da lúa chea, o que afectará a cantidade de meteoros visibles.

A Lúa é unha fonte de contaminación lumínica natural. Entón, lamentablemente este ano non é o mellor para ver as estrelas”, agrega Rodríguez Alarcón. O satélite natural da terra actúa como un enorme foco de luz que dificultará a visibilidade doutro corpo celeste.

Desde calquera lugar do hemisferio norte é visible a choiva de meteoros. Ás 10 da noite haberá bastante luz crepuscular e ademais o lugar do ceo do cal parecen provir todos os meteoros (e que se chama radiante) aínda estará baixo con respecto ao horizonte. Ambos os expertos coinciden en que os mellores sitios para poder velas, son os lugares que teñen un ceo moi escuro, onde haxa a menor cantidade de contaminación lumínica posible, é dicir, o máis lonxe que se poida das cidades.

Non se recomenda usar ningún tipo de instrumento que faga aumento nin prismáticos nin telescopio, asegura Miguel Rodríguez Alarcón. “En Canarias témolo fácil, os mellores sitios son os cumes das illas de Tenerife e da Palma”, agrega.

No caso da península, as zonas rurais con pouca contaminación lumínica son as ideais para apreciar este fenómeno. “O campo está ben”, suxire o divulgador César Campos e as zonas montañosas que teñan horizonte máis despexado.

O mellor que se pode facer é levar unha tumbona ou unha manta, tombarse no chan e unicamente cos ollos estar pendente de todas as zonas do firmamento”, conclúe. Eso si mirando cara o norte.

FONTE: Constanza Cabrera/elpais.com     Imaxe: Diego Radamés (Europa Press)

0 comentarios